O Concello de Oia oferta unha praza de técnico forestal
Trátase dun contrato de persoal laboral temporal por 6 meses e cunha dedicación de 21 horas semanais
O Concello de Oia abriu o prazo de inscrición para o proceso selectivo dunha praza de técnico forestal para a tempada de verán. Trátase dun contrato de persoal laboral temporal a tempo parcial (21 horas semanais) e cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias será de 8 días hábiles, finalizando o 14 de maio. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.
Cos aspirantes que superen o proceso de selección convocado confeccionarase unha bolsa de emprego destinada a cubrir posibles baixas, renuncias ou vacantes no antedito posto.
Toda a información sobre o proceso, requisitos, o temario e solicitudes están dispoñibles nas bases da convocatoria publicadas na sede electrónica do Concello e accesibles na seguinte ligazón: https://oia.sedelectronica.es/info.1
Tarefas a desenvolver
A persoa seleccionada para o posto de técnico forestal encargarase de xestionar as denuncias relacionadas coas leis de montes e de defensa contra incendios, de comprobar do cumprimento das obrigas de limpeza de parcelas e de atender as demandas de información sobre autorización de cortas e queimas.
Tamén lle corresponderá dar tramitación aos expedientes de corta ou queima en núcleos e sobre denuncia de vertidos incontrolados, informar sobre a lei de prevención e defensa contra incendios e dar charlas informativas sobre cuestións relacionadas coa prevención de lumes forestais e obriga de limpeza.