O Concello de Oia organiza un obradoiro de inglés para escolares orientado ao Camiño de Santiago
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 28 de xuño ata o 1 de xullo
O Concello de Oia organiza nos meses de xullo e agosto un obradoiro de lingua inglesa orientado ao Camiño de Santiago. A Actividade é gratuíta e vai dirixida ao alumnado que teña cursado 5º ou 6º de primaria nos CEIP Mestre Manuel García e de Refoxos (nenos e nenas entre os 10 e os 13 anos, aproximadamente).
O obradoiro desenvolverase na Biblioteca Municipal con grupos reducidos e en sesións de dúas horas un día á semana. Crearanse dous grupos: un os martes de 15.00 a 17.00 horas e outro os xoves no mesmo horario.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 28 ata o xoves 1 de xullo. As persoas interesadas deberán inscribirse presentando unha instancia no Rexistro do Concello.
Para máis información, pódese contactar co Concello de Oia no teléfono 986.36.21.25.