O Concello de Oia organiza un Obradoiro de iniciación á curtametraxe para xoves

O Concello de Oia, abre o prazo para inscribirse no Obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego, que se vai celebrar na semana do 23 ao 26 de outubro e o 30 e 31 do mesmo mes, de 16 a 20 h, na Casa Consistorial. Está previsto que se proceda a proxección da curtametraxe na Semana Cultural de Pedornes que se celebrará a principios de novembro.

Vai dirixido a xoves en idade escolar que cursen ESO ou BACHARELATO.

Con esta iniciativa se procura achegar aos xoves ao mundo do cine, potenciando as competencias orais e escritas en lingua galega, así como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais. O taller combina formación teórica e práctica, ensinándolle tódalas fases, dende a escritura dun guión ata a rodaxe e montaxe.

As clases serán impartidas por integrantes de Samaín Produccións, creadores de curtos e vídeos que gozan de gran éxito, tales como a curtametraxe “Liña 52”, “Ao terceiro día” e “Carbón para papá”.

Esta actividade se encontra subvencionada pola Deputación de Pontevedra, incluída na liña de “Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega”.

Os xoves interesados poderán inscribirse ata o Venres 19 de outubro, presentando a solicitude por Rexistro en horario de 9 a 14h, xunto con fotocopia do DNI. Máis información no teléfono 986 362 125/639 329 493 ou no enderezo de email aedl@concellodeoia.es.

Pin It on Pinterest

Share This