O Concello de Oia organiza unha xornada de divulgación do recente Destino Starlight

Galicia Suroeste, o concello de Oia e a Axencia de Turismo de Galicia colaboran na divulgación do recente Destino Starlight “Os ceos de Fornelos de Montes e Oia – Galicia Suroeste”

O Centro Cultural de Torroña acollerá o vindeiro 5 de maio unha xornada de divulgación dedicada ao Destino Starlight ”Os Ceos de Fornelos de Montes e Oia – Galicia Suroeste”, unha iniciativa promovida por Galicia Suroeste, o Concello de Oia e a Axencia de Turismo de Galicia co obxectivo de poñer en valor o potencial astronómico, ambiental e turístico deste territorio.

A actividade está dirixida tanto á profesionais do turismo como á veciñanza, medios de comunicación e persoas interesadas na protección e promoción dos ceos de calidade, e terá como temática principal a eclipse que se poderá observar o vindeiro 12 de agosto.

A sesión de mañá estará destinada a achegar coñecementos sobre astronomía básica dunha eclipse e observación segura; fotografía da eclipse, e rematará cunha mesa redonda na que abordarase a temática das implicacións sociais da eclipse.

As charlas serán impartidas por profesionais na materia, que na sesión de tarde desenvolverán unha actividade práctica de fotografía da eclipse, e observación solar. Durante a sesión práctica tamén se realizará un simulacro da eclipse.

As persoas interesada en asistir, poderán facer a súa inscrición de balde na web https://galiciasuroeste.gal/proxectos/ceos-de-galicia-suroeste

A organización da xornada tamén porá a disposición das persoas interesadas o contacto dunha empresa local de restauración, por se desexan reservar o almorzo nas inmediacións dos lugares nos que se desenvolverán as actividades.

A apertura da xornada estará a cargo de representantes de Galicia Suroeste, da alcaldesa de  Oia e representantes da Xunta de Galicia.

Con esta iniciativa, as entidades organizadoras buscan reforzar a sensibilizar sobre a protección dos ceos, promover un astroturismo responsable, impulsar novas vías de dinamización económica baseadas na calidade ambiental e na singularidade do territorio, e preparar ao Destinos Starlight “Os Ceos de Fornelos de Montes e Oia – Galicia Suroeste” para a chegada da eclipse do 12 de agosto.

Pin It on Pinterest

Share This