O Concello dedicou a gasto corrente en 2023 un total de 140.000 euros do Plan Concellos da Deputación
Os fondos destináronse a pagar facturas dos servizos de limpeza e do tratamento de residuos
O Concello de Oia destinou o pasado ano un total de 140.082,35 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (liña 2) a gasto corrente. Esta cantidade dedicouse ao pagamento de servizos de limpeza de edificios municipais e ao abono das facturas de tratamento de residuos urbanos.
Do total concedido, destináronse 70.000 euros (57.851,24 euros máis 12.148,76 euros de IVE) ao pago de facturas de servizo de limpeza de edificios correspondentes ao pasado ano.
En canto aos 70.082,35 euros restantes (63.711,23 euros máis 6.371,12 euros de IVE) destináronse a afrontar os gastos do servizo de tratamento de residuos urbanos durante o exercicio 2023.