O Cross Escolar de Pedornes xa ten nova data: domingo 23 de xuño
Despois do aprazamento da XIII Edición do Cross Escolar de Pedornes por mor da choiva, o evento deportivo xa conta cunha nova data de celebración: será o domingo 23 de xuño, mantendo os horarios previstos na convocatoria inicial.
Así, as carreiras sairán do Eirado de Pedornes ás 17.00 horas, polo que os dorsais poderán recollerse previamente, a partir das 15.30 horas. Haberá un total de 6 categorías, cada unha coa súa correspondente distancia:
- Infantil (2011-12): 1.750 metros
- Alevín (2013-14): 1.000 metros
- Benxamín (201516): 500 metros
- Pulgas (2017-18): 350 metros
- Minipulgas (2019-20): 200 metros
- Pulguiñas (2021-22-23): 100 metros
O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Oia, o club Cornelios e a Comisión de Festas de Pedornes, e coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia; ten carácter gratuíto. As prazas son limitadas e a inscrición poderá facerse ata o día luns 17 de xuño na ligazón https://acortar.link/xumrTA Ademais da inscrición, cómpre achegar a autorización cuberta e asinada polo pai/nai/titor do menor, que está dispoñible para descarga na propia inscrición e poderá entregarse en papel o mesmo día do cross.
Para máis información pódese consultar a páxina de facebook “Cross escolar de Pedornes” e tamén chamar ao Concello ao teléfono 986362125.