O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 14 organiza unha reunión informativa en Oia para as asociacións e persoas interesadas
O vindeiro mércores 8 de xuño ás 20:00 a Casa da Cultura de Pedornes en Oia acollerá unha reunión informativa, dirixida especialmente ás asociacións, entidades e axentes sociais, así como particulares interesados dos municipios da Guarda, O Rosal, Baiona, Nigrán e Oia.
Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia están nestes momentos a desenvolver as súas estratexias de desenvolvemento local de xeito participativo. Estas estratexias definiran qué proxectos e temáticas serán prioritarios para cada territorio de cara ás convocatorias de proxectos e polo tanto, á financiación dos mesmos cos fondos do LEADER.
Na reunión informaráse aos asistentes sobre o Programa LEADER Galicia 2014-2020, sobre o proceso participativo que se está a desenvolver na actualidade, e sobre a importancia de que as persoas ou entidades que no futuro queran optar a estes fondos participen ahora no proceso de desenvolvemento da estratexia.
A reunión informativa de Oia forma parte dunha serie de reunións do mesmo tipo que o GDR está a desenvolver ao longo do territorio co fin de promover a participación da sociedade na elaboración da estratexia, e especialmente de aquelas entidades ou persoas que queran desenvolver algun proxecto e optar aos futuros fondos do programa, xa que no proceso actual se establecen os criterios do que será financiable no futuro.