O profesor Dragón, unha das máximas autoridades en Turismo Chino, visita Oia
O Catedrático Lü Longgen (nome español: Dragón), unha das figuras centrais e invitado de honra ás xornadas que se celebrarán o Xoves 21 de Xullo na ciudade de Vigo, visitou o Concello de Oia.
Se trata dun dos maiores hispanistas chinos vivos (Shanghai 1940), calificado nos medios como “un tesouro nacional” e unha das máximas autoridades en Turismo Chino e directamente vinculado ao Ministerio de Turismo da República Popular de China.
Galicia constitúe un destino aínda practicamente descoñecido para a gran masa de turistas chinos, a pesar de reunir moitas características e polos de atracción susceptibles do agrado e interese de diferentes perfiles deste colectivo.
A riqueza natural, paisaxística, monumental, gastronómica, termal…fan de Galicia un destino inesquecible e anhelado polo turista chino, aínda que non o experimenta, ao permanecer fora dos circuitos prediseñados polos touroperadores chinos. Consciente disto, a Alcaldesa de Oia, Cristina Correa, invitou ao profesor Dragón, especialista en arte románico, a coñecer unha das súas principais xoias: o Real Mosteiro de Santa María de Oia.
Na visita guiada ao mosteiro participou Fernando Javier Costas Goberna e o seu propietario Juan Martínez. O profesor quedou marabillado dos distintos estilos arquitectónicos que se aprecian no Mosteiro e na igrexa parroquial.
Tamén tivo ocasión de coñecer as instalacións do centro de talasoterapia Tálaso Atlántico. O profesor confesou ao final da súa visita, que encontrara en Oia harmonía, un lugar sen enerxía negativa.
A Alcadesa amosouse satisfeita, recoñecendo que fora unha visita moi enriquecedora, animando a todos a participar nas xornadas sobre Turismo chino en Galicia que se celebrarán este Xoves, organizadas pola Asociación de Galegos en China: “só coñecendo a cultura china se poden pechar negocios con eles, onde o tempo é circular, as relacións son lentas pero firmes”