O próximo luns, día da Virxe do Mar, festivo local en Oia

O próximo luns 20 de maio será un dos dous días elixidos pola Corporación Municipal como festivo local para este 2024. A data correspóndese co día dedicado á Virxe do Mar, patroa de Oia e coñecida popularmente polo nome de “A Delamar”.

A festividade da Virxe do Mar, de gran tradición en Oia, non ten data fixa por celebrarse o luns seguinte á festa de Pentecostés (que, á súa vez, celébrase 50 días despois da Pascua). Tendo en conta isto, neste ano a celebración coincide o día 20 de maio.

O outro día festivo local en Oia será o 7 de agosto, San Mamede. Este santo é patrón de dúas das seis parroquias do municipio: a de Pedornes e tamén a de Loureza.

Pin It on Pinterest

Share This