O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe os terreos do antiguo cámping de Mougás

A Xunta destina 80.000 euros á recuperación ambiental da parcela paralela ao Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Oia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no concello de Oia, co que o Goberno galego asinou este ano un convenio para contribuír á recuperación ambiental duns terreos na parroquia de Mougás pola que discorre o Camiño Portugués da Costa. A Xunta investiu 80.000 euros nesta actuación co obxectivo de evitar a degradación do predio.

Rueda destacou a importancia de dar “unha nova vida” a este contorna, que ademais está ao carón dun itinerario -o Camiño Portugués da Costa- que está “a coller moitísimo empuxe” nos últimos anos.

Ademais, a Administración autonómica investiu este ano ao redor de 30.000 euros na mellora dos roteiros da Valga, no marco dos acordos cos concellos galegos para embelecer as súas infraestruturas turísticas e consolidar a oferta turística no rural galego. Os convenios inclúen a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos; así como a creación e conservación de miradoiros, sendeiros e roteiros.

CRISTINA CORREA POMBAL ALCALDESA DE OIA

A Xunta aposta pola colaboración cos concellos no fomento da protección dos roteiros xacobeos para o Xacobeo 2021 e así ofrecer aos visitantes a mellor imaxe de Galicia cun patrimonio natural, paisaxístico, cultural e histórico ben conservado. Neste sentido, Rueda lembrou que son “tempos difíciles” para todos, tamén para o turismo, de aí a importancia de seguir traballando neste ámbito e en seguir potenciando a imaxe de Galicia como destino seguro.

Por outra banda, o Goberno galego destinou 40.000 anos este ano á construción de novos vestiarios no campo de fútbol municipal das Tornas, ao amparo da Orde de Infraestruturas de uso público. Estas subvencións permiten aos municipios galegos mellorar as súas infraestruturas básicas e os seus servizos e a convocatoria deste ano conta cun orzamento de catro millóns de euros, o que supón un incremento dun millón de euros máis respecto ao ano anterior. O investimento da Xunta, a través da Dirección Xeral de Administración Local, no concello de Oia nos últimos anos a través de convenios e distintas liñas de axudas consegue os 336.000 euros.

CRISTINA CORREA POMBAL ALCALDESA DE OIA
CRISTINA CORREA POMBAL ALCALDESA DE OIA

Pin It on Pinterest

Share This