Oia acolle a actividade formativa: “Como enfrontarse a procesos de selección distintos: as dinámicas de grupo”
O centro sociocultural de Pedornes acollerá o venres 12 de xullo unha píldora formativa que se desenvolverá baixo o título “Como enfrontarse a procesos de selección distintos: as dinámicas de grupo”.
A actividade terá lugar en horario de 10.00 a 12.30 horas e está aberta ao público en xeral, polo que non require inscrición previa.
Rumbo ao Emprego
Esta sesión informativa enmárcase dentro do proxecto “Rumbo ao Emprego” que os concellos do Rosal e Oia veñen desenvolvendo conxuntamente desde o mes de abril.
“Rumbo ao Emprego” inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo. Esta iniciativa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.