Oia acolle a partir de marzo unha formación sobre competencias dixitais dirixida a mulleres desempregadas

O Concello de Oia acollerá nos meses de marzo e abril unha formación gratuíta sobre competencias dixitais, dirixida a mulleres desempregadas residentes no municipio. Ás alumnas que rematen esta formación sobre o entorno dixital regalaráselles un ordenador portátil.

O curso desenvolveranse do 1 de marzo ao 11 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas na aula de novas tecnoloxías (antiga biblioteca, baixos do Concello) e nas sesións abordaranse contidos como competencias dixitais básicas (40 horas), coñecementos dixitais avanzadas (40 horas) e competencias dixitais para o emprendemento (40 horas). Previamente, o 27 de febreiro haberá unha reunión informativa.

As inscricións están xa abertas na web www.galegasdixitais.es e para contactar tamén está dispoñible un número de teléfono de whatsapp: 604039575. A asistencia á totalidade do curso permitirá acceder a un título oficial acreditativo e, ademais, entregarase como agasallo un ordenador portátil.

Este programa de formación para a dixitalización de mulleres “Galegas Dixitais” está promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. Está organizado por Be Project Consultores e Ara Formación e conta coa colaboración do Concello de Oia e o Xacobeo.

Pin It on Pinterest

Share This