Oia acolle un taller sobre xestión e regulación das emocións

A Casa da Cultura de Oia acollerá o próximo 27 de outubro o obradoiro titulado Xestión e regulación das emocións. Unha perspectiva psicolóxica, unha actividade que se desenvolverá de forma gratuíta e con inscrición previa.

O obradoiro comezará ás 17.00 horas e será desenvolvido polo psicólogo Domingos Manuel Machado, quen abordará temáticas como a identificación a xeración e a consciencia, así como as estratexias e o proceso de regulación emocional. 

Esta actividade está organizada polo Concello de Oia e máis a familia Manso e conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Oia, Equus Ourense, Bio Lusitano Coudelaria e Leonardo Machado. As inscricións poden realizarse no teléfono 629.82.90.02 (Cristina e Paloma).

Pin It on Pinterest

Share This