Oia acollerá en decembro un obradoiro interxeracional de bailes e cancións

A actividade está aberta a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos

Oia acollerá o próximo mes de decembro un obradoiro interxeracional de bailes e cancións, que se desenvolverá en Torroña no marco do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

A actividade celebrarase baixo o título “Bailes e cancións de agora e de sempre” e vai dirixida a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos. As sesións terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro nas Escolas de Torroña, en horario de 10.00 a 14.00 horas. 

As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden inscribirse no Concello de Oia (986.36.21.25) ata o 13 de decembro.

Pin It on Pinterest

Share This