Oia coa túa mascota
¿Non queres deixar a túa mascota na casa nas túas próximas vacacións? Se che gusta viaxar co teu can, en Oia atoparás plans para facer turismo coa túa mascota: camiñar pola natureza, pasear preto do mar ou mesmo facer paddlesurf con el!
Aquí tes unha selección de plans imprescindibles para descubrir Oia co teu can:
- Ruta Máxica de Oia.
- Empaparte de historia no Mosteiro de Santa María de Oia e o Arrabal.
- Viaxar ao pasado entre castros e gravados rupestres.
- Bañarte en pozas de augas frescas y cristalinas.
- Perderte por un bosque de sobreiras pegado ao Atlántico.
- Gozar da paisaxe de montaña das serras da Groba e o Argallo.
- Contemplar as illas Cíes desde Cabo Silleiro.
- Coñecer como se celebran os curros da Valga, Torroña e Mougás.
- Sentirte como un peregrino no Camiño Portugués da Costa.
- Contemplar un dos mellores solpores da costa Atlántica europea.
- Saborear a gastronomía local.