Oia coas persoas afectadas pola DANA

O Concello de Oia anuncia unha campaña solidaria de recollida de alimentos e produtos esenciais para apoiar ás familias afectadas pola recente DANA. Recibiranse alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal, leite, auga, zumes, e artigos específicos para a alimentación e coidado de bebés.

Os interesados en colaborar poden acudir ao punto de recollida habilitado na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, do 4 ao 6 de novembro (ambos inclusive).

A solidariedade da veciñanza de Oia será un gran apoio para quen máis o necesitan nestes momentos difíciles.

Pin It on Pinterest

Share This