Viaxar a Oia é unha boa opción se buscas actividades de lecer en familia, pois ofrece posibilidades para todos os gustos e idades:

Se queres aventura, quizais che apetezan propostas de turismo activo e en contacto coa natureza: unha ruta de sendeirismo, montar a cabalo, facer paddlesurf fronte o Mosteiro ou gozar da paisaxe desde o aire facendo parapente son algunhas das actividades nas que podes participar.

Pero se buscas experiencias menos intensas, Oia tamén é un magnífico lugar para dar cómodos paseos. O barrio do Arrabal, nas inmediacións do Mosteiro, é apto para cadeiras de rodas e infantís e, en canto a patrimonio arqueolóxico, podes visitar o castro da Cabeciña ou os petróglifos da Pedreira deixando o coche aparcado a moi pouca distancia dos xacementos.

Outras posibilidades son ou un paseo en bicicleta polo Camiño de Santiago ou un refrescante baño nalgunhas das pozas fluviais que hai no concello.

Para una descubrir Oia en familia quizás che interese esta selección de plans imprescindibles:

  • Empaparte de historia no Mosteiro de Santa María de Oia e o Arrabal.
  • Viaxar ao pasado entre castros e gravados rupestre.
  • Bañarte en pozas de augas frescas e cristalinas.
  • Perderte por un bosque de sobreiras pegado ao Atlántico.
  • Gozar da paisaxe de montaña das serras da Groba e o Argallo.
  • Contemplar as illas Cíes desde Cabo Silleiro.
  • Coñecer como se celebran os curros da Valga, Torroña e Mougás.
  • Contemplar un dos mellores solpores da costa Atlántica europea.
  • Saborear a gastronomía local.

Pin It on Pinterest