Oia impulsa a compostaxe doméstica para fomentar a sostibilidade

O Centro Cultural de Pedornes acolleu este martes 4 de xuño unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Durante a xuntanza repartíronse gratuitamente 35 composteiros ás persoas asistentes. As outras 27 persoas que estaban anotadas e  que non puideron asistir terán oportunidade de recoller o seu material a próxima semana no Concello de Oia: entre o martes 11 e o venres 14 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Este programa de composteiros é unha iniciativa aberta a toda a veciñanza de Oia que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m² no que instalar un destes dispositivos. A maiores do material xa  entregado hai máis unidades dispoñibles, polo que o Concello anima ás persoas interesadas a inscribirse previamente a través da web https://oia.rsu.gal/ para facer a súa reserva. A campaña tamén inclúe un seguimento ao longo do ano 2024.

A iniciativa conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Para máis información, pódese contactar no teléfono 647 521 464 ou no correo residuos@concellodeoia.gal

Pin It on Pinterest

Share This