“Oia, unha ollada xoven”, abre o prazo de inscricións
O Concello de Oia abre o prazo de inscricións para participar nun programa dirixido a xóvenes, para traballar a sensibilización, dinamización e participación da mocidade rural na posta en valor do noso patrimonio natural, histórico e cultural.
É un programa onde se ofrece aos xóvenes do Concello a posibilidade de coñecer o patrimonio do noso patrimonio, mediante a participación en obradoiros de creatividade dixital, sendeirismo, concursos, e moitas máis actividades.
Os destinatarios son xóvenes entre 12 e 16 anos que cursen estudos de Educación secundaria.
Datas aprox. e duración: setembro – aprox. 28 h.
A celebración desta actividade está condicionada a concesión dunha subvención da Dirección Xeral de Xuventude. Non obstante, é importante que os interesados se inscriban para reunir un grupo mínimo necesario para levala a cabo, en caso de ser concedida.