Plan especial de tráfico en Viladesuso (Oia) con motivo do concerto de Milladoiro (Festival de verán)
Con motivo do Concerto de Milladoiro que se celebra este sábado 20 de xullo ás 22h no recinto do Cabezo de Viladesuso, o Concello de Oia en colaboración coa organización do Festival de Verán, elaborou un plan especial de tráfico a fin de regular os sentidos do tráfico nos camiños próximos ao recinto do Festival.
Así, a partir das 19 h aproximadamente, so se permitirá circular, en sentido único, desde a PO-552 polos camiños de Muro, camiño de Foxo e camiño da Calzada, en dirección ao camiño da Xesteira (queda prohibido circular en sentido de baixada).
Queda cortado o acceso ao camiño da Xesteira desde Mougás.
Dende o camiño de Foxos no encontro co camiño da Xesteira, poderase circular en ambas direccións (Mougás e Viladesuso)
E dende o camiño da Calzada no encontro co camiño da Xesteira, poderase circular unicamente en dirección Viladesuso.
Queda prohibido baixar polo camiño da Xesteira a partir da ponte do río Broi.
Estará restrinxido o acceso ao camiño de Canido (entorno do recinto) a residentes e personal da organización.
Haberá vallas coas correspondentes sinais.
Prégase máxima colaboración.
Contarase coa colaboración de Protección civil de Val Miñor e O Rosal, a quen o concello de Oia traslada o seu agradecemento.