Plan Renove electrodomésticos 2022
O DOG do 1 de marzo publica a convocatoria do Plan Renove de electrodomésticos para o ano 2022. Trátase de subvencións do INEGA en réxime de concorrencia non competitiva.
Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa, por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021:
CUANTÍAS
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
Considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica e sexan beneficiarios do bono social eléctrico (desconto do 25 % para consumidores vulnerables e de 40 % para consumidores vulnerables severos) o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses. O beneficiario só poderá beneficiarse da axuda correspondente a consumidor vulnerable ou vulnerable severo na vivenda que figure na factura de electricidade con aplicación do bono social.
Na seguinte táboa establecese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía.
SOLICITUDES E PRAZOS
As solicitudes realizaranse a través de entidades colaboradoras (empresas adheridas ao programa). O prazo de adhesión das entidades colaboradoras comeza o día 2 de marzo.
O prazo de solicitude de axudas empeza o 23 de marzo e remata o 30 de setembro ou cando se esgoten os fondos.
MÁIS INFORMACIÓN
Na seguinte ligazón do INEGA.
Na resolución publicada no DOG do 1 de marzo:
RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).