Plan Renove Electrodomésticos 2023

Convocadas, a través do INEGA, as axudas para a renovación de electrodomésticos 2023

Axudas para a renovación de electrodomésticos

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa, por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2023

Electrodomésticos subvencionables
Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Lavadora A, B ou C
Lavalouza A, B ou C
Encimeras de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas

Contía da axuda

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable. O bono social eléctrico establece un desconto do 25% para consumidores vulnerables  (transitoriamente do 65% e do 40 % para vulnerables temporais) e do 40 % (transitoriamente do 80%) para consumidores vulnerables severos, o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses. O beneficiario só poderá beneficiarse da axuda correspondente a consumidor vulnerable ou vulnerable severo na vivenda que figure na factura de electricidade con aplicación do bono social.

Na seguinte táboa establecese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía.

Electrodomésticos subvencionables Axuda máxima (€/electrodoméstico)
Consumidor Xeral Consumidor Vulnerable Consumidor Vulnerable Severo
Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

150

300

450

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Lavadora A, B ou C

100

200

300

Lavalouza A, B ou C
Encimera de indución total (soamente tecnoloxía de indución)

100

200

300

– Solicitudes: As solicitudes realizaranse a través de entidades colaboradoras (empresas adheridas ó programa)

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras comeza hoxe día 18 de xaneiro, co cal de momento non están publicadas

– Prazo de solicitude: O prazo de solicitude comeza o 8 de febreiro e remata o 30 de setembro ou cando se esgoten os fondos

Consultade toda a información no enlace:

https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2023/ficha_aforro2023_0001.html?idioma=gl

Pin It on Pinterest

Share This