Política Social ultima os preparativos dun novo campo de voluntariado que pon en valor o Camiño portugués pola costa e que se celebrará en Oia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, para ultimar os preparativos do campo de voluntariado O Camiño portugués pola costa que se celebrará neste municipio. Este é un dos 13 novos campos de voluntariado que se poñen en marcha este ano.

Oia acollerá do 28 de agosto ata o 8 de setembro esta iniciativa, que ten como principal obxectivo poñer en valor os restos arqueolóxicos coñecidos no Camiño Portugués. Os participantes poderán documentar a historia do Mosteiro cunha gran colección diplomática en varios arquivos estatais. Ademais, desfrutarán de actividades como foliadas ou visitas a diferentes localidades como Viana do Castelo, A Guarda ou Tui.

Pin It on Pinterest

Share This