Prazas para residencias de estudantes de Vigo

“XA PODES SOLICITAR PRAZA NAS RESIDENCIAS DE ESTUDANTES DE VIGO OU DE OUTRAS PROVINCIAS.

O período de estadía estará dentro do calendario académico, excepto os períodos de vacacións, e inclúe aloxamento e mantemento.

Na valoración das solicitudes teranse en conta aspectos como a renda da unidade familiar, a condición de familia numerosa ou monoparental, as condicións de orfandade e de discapacidade ou antigüidade na residencia xuvenil, entre outros.

C.R.D. MEIXOEIRO: CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE DE VIGO:

No CRD poden solicitar praza estudantes de máis de 16 anos, e poden facelo en dúas modalidades:

  1. RESIDENTES (FP e Bacharelato): 103 prazas.

  1. BOLSEIROS (Estudos universitarios): 6 prazas.

      • prazo de presentación de solicitudes na convocatoria ordinaria é ata o 8 de agosto, e do 1 – 5 de setembro na convocatoria extraordinaria.

      • As persoas colaboradoras bolseiras teñen a obriga de colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas que se leven a cabo no CRD durante o período escolar.

RESIDENCIA XUVENIL ALTAMAR – VIGO:

Para xuventude de entre 16 e 30 anos que por motivos de estudo ou traballo, estén obrigados a permanecer fora do concello no que teñen a súa residencia habitual. Hai tres modalidades:

1. ESTUDANTES NON BECARIOS:

2. ESTUDANTES BECARIOS:

  • Total de prazas ofertadas: 6

3. PERSOAS TRABALLADORAS:

Se alguén precisa axuda para solicitar praza pode pedir cita coa educadora familiar do concello.”

Pin It on Pinterest

Share This