Presentación da carreira de obstáculos de Los Gemelos Race, entre Loureza e Figueiró

O pasado martes 28 de marzo, presentouse a carreira de obstáculos de Los Gemelos Race, entre Loureza e Figueiró (Tomiño), que se celebrará o vindeiro domingo 30 de abril.

É unha mestura de trail-running e carreira de obstáculos, desenvólvese no seu maior parte por unha contorna natural, onde case non se pisa asfalto. A carreira empeza en Loureza e termina en Figueiró, onde os participantes serán trasladados en autobús desde a zona de entrega de dorsais e meta (Figueiró) ata a saída (Loureza), durante a carreira haberá todo tipo de obstáculos.

Hai dous tipos de modalidades, unha chamada elite, onde os corredores levan chip e contabilízaselle o tempo e os obstáculos que non sexan capaces de pasar penalízalles, estes requiren dunha forma fisica e mental dun nivel alto e a quenda popular, onde pode participar calquera persoa independentemente da súa forma física, o importante é a diversión, nin tempo de finalización.

Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100086380011858

Tracktherace: https://tracktherace.com/es/eventos-deportivos/otros/los-gemelos-race-2023

Tamén: https://editorialtamuxe.com/presentouse-en-nino-do-corvo-a-carreira-los-gemelos-race/

Pin It on Pinterest

Share This