Probas para a obtención da ESO
Se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito ano
Requisitos para poder participar:
* Ter cumpridos os dezaoito anos o cumplir esa idade no ano 2024
* Non estar en en posesión do título de graduado en educación secundaria.
* Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2023-2024 nas ensinanzas de
educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
** O alumnado matriculado durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas
adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas
do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre
sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos
Prazos de matrícula:
– Convocatoria de abril: do 5 ó 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos.
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 12 de abril e 7 de xuño
de 2024 para as respectivas convocatorias
Máis información no DOG do 11/01/2024:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html