Probas para obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO)

Requisitos para poder participar:

* Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
* Non estar en en posesión do título de graduado en educación secundaria.
* Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022-2023 nas ensinanzas de
educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

** O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na educación secundaria para persoas
adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas
do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre
sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos

Prazos de matrícula:

– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 19 de maio e 1 de setembro
de 2023 para as respectivas convocatorias

Máis información no DOG de hoxe:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230213/AnuncioG0655-020223-0004_gl.html e na sede electrónica da Xunta. Procedemento ED540A https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED540A

Pin It on Pinterest

Share This