Programa acción de verán da Xunta

ACCIÓN DE VERÁN

A Xunta comeza coa programación de verán para xuventude.

O día 17 de abril, ábrese o prazo de solicitude para CAMPAMENTOS e CAMPOS DE VOLUNTARIADO EN GALICIA.

CAMPAMENTOS:

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, desde o 17 ao 30 de abril.

Dos 9 aos 17 anos

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración (catorce días no intercambio en Cantabria) durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.

CAMPOS DE VOLUNTARIADO EN GALICIA:

Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, e encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate

No enlace podedes consultar máis información:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Pin It on Pinterest

Share This