Programa axudas impacto autónomo 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca estas axudas ás persoas traballadoras autónomas e microempresaspara facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos en materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a súa actividade económica.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.
2. As persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.
3. As microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 € no mesmo ano 2021.
Requisitos
– Que está de alta ou situación asimilada, mínimo 6 meses antes da publicación desta convocatoria, no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA ou na mutualida. de correspondente), ou, se é unha persoa autónoma de tempada, que está de alta ou situación asimilada no momento de presentación da solicitude, e que estivo de alta un mínimo de 4 e un máximo de 9 meses no ano 2021 e/ou no ano 2022.
– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.
– No caso de persoas traballadoras autónomas ou mutualistas, que os seus rendementos netos están entre un mínimo de 10.000 € e un máximo de 30.000 € no exercicio 2021.
– No caso de microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, que a facturación da sociedade non supera os 750.000 € no ano 2021.
– Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido na orde.
– CNAE (Clasificación nacional de actividades económicas) da actividade pola cal solicita a axuda.
– IAE da actividade pola cal solicita a axuda.
– Que, no caso de desenvolver actividade en establecemento fixo aberto ao público, o establecemento vai permanecer aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación da orde.
– Que presentou unha única solicitude, ben como persoa autónoma ben como societaria.
Contía da axuda económica
A contía das axudas establécese en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes conforme a seguinte escala:
a) Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe da axuda será de 800 €.
b) Para persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rendas, e outros réximes:
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
c) Para microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:
– Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 € e un máximo de 250.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Cunha facturación superior a 250.000 € no ano 2021 e ata un máximo de 750.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
Os importes previstos reduciranse ao 50 % no caso de persoas autónomas de tempada e no caso de persoas autónomas, microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís que se desen de alta ao longo do ano 2021 e non acrediten 12 meses completos de actividade.
Obrigas das persoas beneficiarias
As personas beneficiarias obríganse, entre outras, a:
- As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a actividade económica e a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia, ou como mutualistas, durante un tempo mínimo de seis meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- No caso de microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, deben manter a actividade económica durante un tempo mínimo de seis meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención, o que se acreditará coa declaración responsable.
- Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. De acordo con esta obriga, a empresa subvencionada deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo o modelo de cartel que figura na sede electrónica.
Toda a información no DOG do 4/01/2022 e na sede electrónica da xunta:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR890A&ano=2022&numpub=1&lang=es