Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

Estas axudas teñen por obxecto o financiamento de actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas.

Requisitos das actuacións subvencionables

– Son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes á edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 % ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar a súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento Básico DB HE de Aforro de enerxía do Código Técnico da Edificación.

b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

2. Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.

3. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da presentación da correspondente solicitude.

Contía das axudas

1. O importe da subvención será do 40 % do custe da actuación, cun límite de 3.000 euros.
2. No importe obxecto de subvención poderán incluírse os honorarios dos profesionais interviñentes, o custe da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa, e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custes subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poida ser susceptibles de recuperación ou compensación total ou parcial.
3. O custe mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de setembro de 2024 (ou ata esgotamento do crédito)

Dende este enlace podedes acceder ó DOG, á ficha da axuda na sede electrónica e a un resumo moi completo

https://igvs.xunta.gal/mellora_vivendas

O procedemento da sede electrónica da xunta para solicitar a subvención é o VI406E

VI406E – Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. – Sede Electrónica – Xunta de Galicia

Pin It on Pinterest

Share This