Programa de axuda para as actuacións de rehabilitación a nivel de edificio
Estas axudas teñen por obxeto actuacións de rehabilitación a nivel de edificio.
Fináncianse as obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, e nas vivendas unifamiliares
Requisitos das actuacións subvencionables:
a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.
b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.
Contía da subvención:
A contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións que se vaian desenvolver e non poderá superar os límites resultantes que se indican e que se establecen en función do aforro enerxético. Estas cantidades poden verse aumentadas en caso de situacións de vulnerabilidade económica.
Aforro enerxético conseguido coa actuación |
Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación |
Vivenda |
Locais comerciais |
Contía máxima |
Contía máxima |
||
30 % ≤ ΔCep,nren < 45 % |
40% |
6.300 |
56 |
45 % ≤ ΔCep,nren < 60 % |
65% |
11.600 |
104 |
ΔCep,nren ≥ 60 % |
80% |
18.800 |
168 |
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte ó da publicación da subvención, 11/07/2024 (ou ata esgotamento do crédito)
Dende este enlace podedes acceder ó DOG, á ficha da axuda na sede electrónica e a un resumo moi completo
https://igvs.xunta.gal/mellora_ee_edificios
O procedemento na sede electrónica para a solicitude da axuda é o VI406F