Programa de incentivos á contratacion por conta allea e á formación

A Consellería de promoción do emprego e igualdade, convoca as subvencións do Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables conta con dúas liñas de axudas:

1️⃣ Incentivos á contratación por conta allea

Inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

Para que as contratacións, os incrementos de xornada, ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos-descontinuos sexan subvencionables, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados (persoas mozas, parados de larga duración, mulleres,etc..)

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2022 e ata o 29 de setembro de 2023, ambas datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

contía máxima posible que se pode subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 36.000 euros e a mínima 6.000 euros (depende do colectivo polo cal se opte e de varias circunstancias)

2️⃣ Incentivos ás accións formativas no centro de traballo

De carácter opcional, vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa ou persoas traballadoras que reciben a formación e titorización deben ser as persoas contratadas indefinidas iniciais con cargo a esta axuda.

b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 29 de outubro de 2023.

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial, sempre que a persoa traballadora cumpra os requisitos establecidos.

Máis información no DOG do 31/01 e na sede electrónica, procedemento TR342C

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342C

Pin It on Pinterest

Share This