Programa de man para a edición 2021 do “6×6 punto de encontro o Arrabal”
ÚLTIMA INFORMACIÓN: ENTRADAS ESGOTADAS.
Despois dunhas intensas semanas de formación coas artistas convidadas e ensaios, o obradoiro de teatro veciñal de Oia presenta o 25 de setembro a súa representación deste ano: a visita dramatizada “6×6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores”, que se desenvolverá no Mosteiro de Oia centrada en temática feminina.
A continuación podes descargar o programa de man, que este ano conta coa participación especial de 5 artistas convidadas:
-Mónica de Nut.
-Elsa Pereira.
-AveLina Pérez.
-Silvia Penas.
-Gloria Rodríguez Gil + colaboración especial de Jose Pereira.
A iniciativa “6×6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores”, organizada polo Concello de Oia, é un proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.