Programa de Respiro familiar para coidadoras/es de persoas con dependencia ou discapacidade
A Xunta convocou axudas do Programa de Respiro de Persoas Coidadoras co obxectivo de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das/os coidadores e mellorar calidade de vida de todas as persoas implicadas. As axudas teñen dúas modalidades:
- Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
- Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021.
As contías serán as seguintes:
–Respiro no fogar: Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano. A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa
–Respiro en residencia: Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación anterior cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano. A axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.
BENEFICIARIOS
Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
- Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:
- Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
- Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.
- Que a persoa a que se atende presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (ver apartado “máis información”).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
PRAZOS
Ata o 30 de setembro de 2021.
MÁIS INFORMACIÓN
-Normativa:
-Sede electrónica da Xunta:
Procedemento BS614B (Programa Respiro Familiar)