Programa para a promoción do emprego autónomo 2020

A finalidade deste programa da Xunta de Galicia é axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade como traballadores/as autónomos/as

Beneficiarios

Poderán acollerse a este programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que se establezan como persoas traballadoras autónomas sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter solicitada a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, partindo dunha situación de demandante de emprego.
  • Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
  • Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade

Contías

As contías da subvención oscilan entre os 2.000 e os 9.000 euros, dependendo das características da persoa desempregada.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 30 de setembro (ou ata o esgotamento do crédito).

Requisito importante

Manter a alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de dous anos se se concede a subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.

Máis información

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D

Pin It on Pinterest

Share This