Programa Xuventude Mentoring: formación e mentoría para a inserción laboral

A Xunta abre a convocatoria para que as mozas e mozos de Galicia participen nun programa pioneiro de formación e mentorización, desde o ámbito da educación non formal e co obxectivo de favorecer a súa empregabilidade.

Con este programa, a Xunta procura traballar nun dobre obxectivo, por un lado, facilitarlle á mocidade unha completa programación con apoio directo de expertos, empresarios e profesionais con experiencia, que actuarán como mentores, para optimizar a procura de emprego e adquirir aquelas habilidades que máis se están a demandar. E por outro, amosarlles ás empresas todas as capacidades e o talento que posúe a xuventude galega.

Durante tres meses recibirán formación, asesoramento e desfrutarán de diferentes actividades, como visitas a empresas ou conferencias, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades laborais.

Nesta iniciativa pioneira contarase tamén coa colaboración das tres universidades galegas para que esta transición sexa acorde non só ás demandas e necesidades laborais, senón tamén se axuste á realidade académica. Así mesmo, o programa estará aberto á participación de máis entidades sociais, empresas, asociacións empresariais ou clústeres, a través da firma dun modelo de adhesión como entidade colaboradora en materia de difusión e promoción do programa, achega de mentores e/ou colaboración nas actividades formativas e de capacitación.

REQUISITOS

-Para participar neste programa hai que inscribirse nesta ligazón.

-As mozas e mozos participantes deben estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

PRAZOS

-Desde o 6 de agosto e ata o 10 de setembro deste ano recibiranse as solicitudes das mozas e mozos que lles gustaría formar parte deste innovador programa.

-Entre o 17 de agosto e o 17 de setembro realizaranse as entrevistas persoais co equipo técnico do programa.

-A publicación da listaxe definitiva de persoas participantes fararase antes do 20 de setembro.

MÁIS INFORMACIÓN

-Páxina web do programa Xuventude Mentoring: https://xportal.cixug.gal/

Bases do programa

Pin It on Pinterest

Share This