Proxecto “Memorias de Oia”

O Concello está a levar a cabo o Proxecto Memorias de Oia, facendo entrevistas a persoas maiores, quenes nos contan como se vivía antes, como foi a súa infancia, en que traballaron, que tradicións había e se perderon,….

Se sabedes dalgunha persoa maior que teña moito que contar, podes avisarnos no tfno. 986 362 125 ou tamén nos podedes avisar a través do email cultura@ concellodeoia.es.

Non queremos que quede ninguén atrás!!

Participa neste proxecto tan entrañable sobre as vivencias da nosa xente!

Para a súa realización, este proxecto conta cunha achega do Concello de Oia e máis cunha subvención da Xunta para a promoción do uso da lingua galega.

Pin It on Pinterest

Share This