#QuedaNaCasa. O Concello de Oia pon en marcha como medida contra o Coronavirus un servizo de entrega a domicilio de compras de alimentos de ámbito local

O Concello pon en marcha o servizo de entrega a domicilio de pedidos de alimentación en establecementos locais, de carácter gratuíto, para colaborar e evitar que a veciñanza teña que facer desprazamentos a lugares de venta de produtos alimentarios, co risco de contaxio que isto supón.

Este servizo excepcional permanecerá activo durante o tempo que dure a situación de estado de alarma ocasionada polo Covid-19.

Os veciños/as poderán facer os pedidos de alimentos a partir do venres 27 de marzo, por teléfono, DIRECTAMENTE NOS ESTABLECEMENTOS LOCAIS de venta de alimentos. Os horarios e teléfonos de contacto se indican na táboa que se acompaña.

As entregas se realizarán ao día seguinte de formalizar o pedido, atendendo a dispoñibilidade. O servizo será realizado de luns a venres. Por tanto, os pedidos que se fagan en venres serán entregados o luns seguinte.

Con carácter xeral, as compras deben ser superiores a 40 euros, salvo excepcións como no caso de persoas maiores que vivan soas.

Os produtos de peixaría (**) por cuestións sanitarias respecto da distribución, se exclúen. Excepcionalmente, no caso das persoas maiores que vivan soas ou outras situacións de carácter extraordinario, pódense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello.

Para produtos de farmacia, atendendo á lexislación vixente, poden poñerse en contacto coa súa farmacia habitual, quen lles informará dos protocolos actuais en vigor previstos nesta crise para a poboación vulnerable.

Relación de establecementos de alimentación de Oia

 

Pin It on Pinterest

Share This