Resultado das analíticas das fontes realizadas polo Concello
O Concello levou a cabo no mes de Outubro, unha ronda de analíticas nas fontes que tiñan auga para comprobar a calidade das mesmas. Nas fontes que deron ‘non aptas’ se colocaron carteis de ‘Auga non potable’.
Fontes que deron ‘aptas para o consumo’: Cabreira (Mougás), Colón (Viladesuso) e San Cosme (en Santa María de Oia).
As fontes que deron ‘non aptas para o consumo’: casa Culaco (Mougás), a da Presa (Mougás), a do Xardín (Viladesuso), Calvario (Pedornes), a da Valla (Pedornes), Liñares (Burgueira), Tella (Burgueira), da Cheira (Torroña), do Cruceiro (Acevedo).
Por recomendación da Consellería de Sanidade, o Concello procederá a sinalizar tódalas fontes cun cartel de “auga sen garantías sanitarias”, o que significa que as fontes non teñen un tratamento de desinfección (sen clorímetro nin abastecida por auga de traída clorada). Este cartel se debe poñer, aínda que os resultados sexan de auga ‘apta’.
O ano pasado o Concello realizou no mes de setembro analítica a 31 fontes, con resultados moi distintos; daquela saíran aptas 26 fontes. Por iso, debemos extremar as precaucións e ter en conta os consellos de expertos en toxicoloxía, que recomendan non beber auga das fontes, xa que a seca tamén repercute na calidade da auga dos mananciais, aumentando o risco de contaminación.