Romería da Madanela no monte da Pedrada
O 23 de xullo se celebrou a XIII Edición da Romería da Madanela, no monte da Pedrada, un lugar de encontro entre dous pobos: Burgueira e Barrantes, onde concorreron centos de persoas para asistir á Misa e procesión.
Un miradoiro único, onde foron descubertos vestixios dunha gran fortificación medieval composta por tres recintos amurallados.
Na parroquia de Burgueira, conta a tradición popular que tódolos anos ían a festa da Santa o 22 de xullo, e lembran tamén oír falar que para pedir que chovera, en tempo de seca subían a Madanela en rogativa.