Se aproba o Inventario Municipal de Bens Inmobles
O Inventario de Bens Inmobles foi aprobado por acordo plenario de 14 de marzo e publicado no Boletín Oficial da Provincia o 4 de abril.
Dito expediente permanecerá exposto ao público no Salón de Plenos do Concello en horario de 9 a 14 h, durante un prazo de 30 días contados dende o día seguinte a data de publicación, para que os interesados poidan revisalo e facer alegacións ou aportar a documentación que estimen convinte.