Servizo de Transporte desde Oia ao IES A Sangriña o curso 2021/2022
As persoas mozas menores de 21 anos poden solicitar unha tarxeta para beneficiarse de viaxes de balde no transporte público de Galicia
O Concello de Oia informa dos horarios do servizo de transporte ao IES A Sangriña (A Guarda), que funcionarán no vindeiro curso escolar 2021-2022.
A liña da empresa Lugove que dará o citado servizo será a “ruta XG8836601 IES A Sangriña-San Xian-Oia-Pedornes-Burgueira-Loureza”, cos horarios (de luns a venres) que se achegan na seguinte táboa:
IDA:
FRECUENCIA | SAÍDA | PERCORRIDO | CHEGADA |
L-V | 07:25 | LOUREZA-BURGUEIRA-PEDORNES-OIA-SAN XIÁN-IES A SANGRIÑA | 08:15 |
LUNS | 15:05 | LOUREZA-BURGUEIRA-PEDORNES-OIA-SAN XIÁN-IES A SANGRIÑA | 15:55 |
VOLTA:
FRECUENCIA | SAÍDA | PERCORRIDO | CHEGADA |
L-V | 14:05 | IES A SANGRIÑA- SAN XIÁN-OIA-PEDORNES-BURGUEIRA-LOUREZA | 14:55 |
LUNS | 17:45 | IES A SANGRIÑA- SAN XIÁN-OIA-PEDORNES-BURGUEIRA-LOUREZA | 18:35 |
O transporte entre Oia e o IES da Sangriña está operativo desde a aprobación, o pasado ano, do Plan de Transporte Público de Galicia.
Toda a información sobre liñas e horarios da empresa de transporte Lugove con orixe ou destino Oia está dispoñible na web bus.gal e tamén na seguinte ligazón da web municipal: http://www.concellodeoia.es/documentos/linas-transporte-oia-lugove/
Este transporte pode ser utilizado tanto por estudantes como por veciños e veciñas non estudantes que o precisen. Existen bonos a disposición dos viaxeiros con descontos para persoas con discapacidade, nenos menores de 6 anos, pensionistas, desempregados de longa duración, etc.
Tarxeta de transporte para a mocidade
Por outra banda, o Concello de Oia informa de que, as persoas mozas menores de 21 anos que así o desexen, poden solicitar unha tarxeta para beneficiarse de viaxes de balde no transporte público de Galicia. Concretamente, a “Tarxeta Xente Nova” permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas.
Para conseguir a Tarxeta Xente Nova debe solicitarse cita nunha oficina da entidade Abanca (que é quen as expide) e acudir á cita co DNI. No caso de menores, a solicitude deberá facela a persoa representante legal. Todos os pasos do procedemento, desde a forma de pedir a cita para solicitala ata como usar ou recargar a tarxeta, poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.bus.gal/gl/xente-nova
Así mesmo, na ligazón bus.gal están dispoñibles os horarios dos servizos de transporte autorizados en cada momento.
Todos os veciños e veciñas de Oia que queiran consultar algunha dúbida relativa á tarxeta ou á súa tramitación, poden contactar co servizo de AEDL do Concello no teléfono 986.36.21.25.
Por outra banda, e dado a alto número de estudantes que van ir este ano cursar os seus estudios no IES A Sangriña; a alcaldesa, Cristina Correa, solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que se autorice unha parada máis en Viladesuso a fin de cubrir as necesidades que lle teñen trasladado algunhas familias.