Sesión informativa sobre a Administración electrónica este xoves na aula de novas tecnoloxías de Oia

Na actividade facilitaranse os medios de identificación electrónica e sinatura dixital que permite o uso deste tipo de ferramentas dixitais

A aula de novas tecnoloxías de Oia, situada nos baixos do Concello, acollerá este xoves 22 de decembro ás 11.30 horas unha sesión informativa na que se prestará axuda no uso das ferramentas da Administración electrónica. Así mesmo, explicaranse os distintos servizos que prestan a Delegación do Goberno en Galicia e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Entre outros aspectos, na sesión informarase sobre as vantaxes da “Carpeta Cidadá”, unha aplicación que o Goberno vén de poñer en marcha en fase piloto. Ademais, aproveitarase para facilitar ás persoas asistentes os medios de identificación electrónica e sinatura dixital que permiten o uso desta ferramenta dixital.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa “A Administración preto de ti” que está a levar a cabo o Ministerio de Política Territorial e que ten entre os seus obxectivos xeneralizar o acceso da cidadanía á Administración dixital.

Pin It on Pinterest

Share This