Subsidio excepcional fin de contrato temporal
Poderanse beneficiar deste subsidio as persoas traballadoras ás que se lles extinguiu un contrato de duración determinada de, polo menos, dous meses de duración, aínda cando a extinción do contrato tivese lugar con anterioridade ao 02/04/2020
Requisitos
- Atoparse inscrita como demandante de emprego e non contar coa cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio.
- Cesar involuntariamente, a partir do 15/03/2020 nun contrato de duración de determinada que cotizara a desemprego e con vixencia igual ou superior a 2 meses
- Carecer de rentas superiores ó 75 % do SMI (712,50 euros)
- Non estar traballando por conta propia ou allea, a xornada completa, na data de extinción do contrato nin na de concesión do subsidio
Canto se cobra
430,27 euros/mes (80% do IPREM)
Duración
1 mes, ampliable se se determina por decreto-lei e non poderá percibirse en máis dunha ocasión
Máis información
https://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/subsidio-excepcional-fin-contrato-temporal.html