Subvención BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca estas axudas
REQUISITOS
* Persoas traballadoras autónomas que teñan domicilio fiscal en Galicia que:
– Que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses
– Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros
– Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
* Sociedades e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que:
– Teña unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización da actividade superior a 42 meses.
– Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración
– Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración inferior a 30.000 euros
CONTÍA
A contía da subvención é do 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
– Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación do negocio, plan estratéxico do negocio, plan de crecemento, plan de reorientación,plan de uso das novas tecnoloxías, plan de refinanciamento
– Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, compra de útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, equipos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de agosto
MÁIS INFORMACIÓN NO DOG 2 DE XULLO