Subvenciones para actuaciones de eficiencia energética en empresas turísticas

Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos que reúnan os requisitos establecidos nas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT):

a) Os establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares)

– Actuacións subvencionables:

1️⃣ Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica

2️⃣Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, reguladas polo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

* Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica

* Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica

* Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas

* Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas anteriores.

3️⃣ Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo

4️⃣ Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

5️⃣ Renovación de electrodomésticos

6️⃣ Sistemas de automatización e control

Contía da axuda

A intensidade da axuda será ata un 70 % do custo total subvencionable do proxecto.

Poderán optar a unha axuda dun 10 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 20 %, sen que o total da axuda poida exceder do 80 % do custo total subvencionable.

Poderán optar a unha axuda dun 20 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 30 %, sen que o total da axuda poida exceder do 90 % do custo total subvencionable.

Consulta as bases completas e requisitos a cumprir no enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240614/AnuncioG0256-050624-0001_gl.html

ou na sede electrónica da Xunta (Procedemento TU986B)

O prazo de solicitude da axuda está aberto ata o 14/11/2024

Pin It on Pinterest

Share This