Subvencións a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, convoca estas axudas dentro do Plan específico de acción comunitaria

▶️ Beneficiarios:

Asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia (en diante, entidades)

▶️ Obxeto:

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Considéranse subvencionables os seguintes proxectos:

a. Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.

b. Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.

En calquera caso, só serán subvencionables os proxectos operativos, é dicir, aqueles que conteñen os elementos necesarios para acadar a finalidade para a cal foron solicitados.

▶️ Contía da subvención:

A axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de:

– 12.000 euros para a realización de obras (liña 1)

– 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2)

▶️ Prazo de solicitude:

Ata o 17 de febreiro. Subvencións en concorrencia competitiva (criterios de valoración no artigo 10 da Orde reguladora das subvencións)

Máis información DOG do 17/01/2022 e na sede electrónica da Xunta:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR487A&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This