Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego

A Axencia de Turismo de Galicia convoca estas axudas para actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sostible.

➡️ Persoas beneficiarias:

Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, dentro do marco xeográfico do litoral de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos nas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no REAT

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turis-
mo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turístico

b)As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares)

As persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e
mediana empresa (peme)

➡️ Actuacións subvencionables:

Pódense diferenciar tres liñas de acción:
a) Liña 1: eficiencia enerxética.
b) liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral.
c) Liña 3: mellora da fachada turística do litoral.

➡️ Gastos subvencionables
1. Serán subvencionables os investimentos que estean vinculados ao proxecto para o cal
se solicita a axuda

a) Liña 1: eficiencia enerxética. Será subvencionable a mellora da eficiencia enerxética
das instalacións de iluminación para reducir o consumo de enerxía das instalacións de
iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.

b) Liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral. Serán subvencionables:
– Gastos derivados da transformación dixital.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico.
– Gastos relacionados co desenvolvemento de ferramentas dixitais para coñecer o des-
tino antes de visitalo

c) Liña 3: mellora da fachada do litoral galego.
– Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean
rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista,
como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
– Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou ce-
rrallarías exteriores que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento

– Remate ou renovación do acabamento exterior de cubertas que, ben por estaren
rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para
quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un
impacto paisaxístico

– Revestimento dos muros de cerramento da parcela onde se sitúa o establecemento
turístico realizado con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir

–Gastos de elaboración do proxecto de obra e honorarios e custos da dirección facul-
tativa das actuacións

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro
de 2025 e o 30 de xuño de 2026

O investimento neto admitido será, como máximo:
– No caso da liña 1: ata 25.000,00 €.
– No caso da liña 2: ata 15.000,00 €.
– No caso da liña 3: ata 250.000,00 €

➡️ Contía da axuda
A intensidade da axuda será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto

➡️Prazo de presentación:

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses. O dito prazo comezará
a contar unha vez que transcorran oito días naturais desde o seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia (publícase hoxe). A hora de inicio do prazo de presentación de solicitudes será ás 8.00 horas e a hora de fin do prazo será ás 20.00 horas

➡️ Máis información:

DOG de hoxe (03/09/2025) e sede electrónica da Xunta (procedemento TU503F)

TU503F – Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego. – Sede electrónica – Xunta de Galicia

Pin It on Pinterest

Share This