Subvencións a establecementos turísticos para embelecemento do litoral galego

Beneficiarios:

As persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, que reúnan os requisitos e que teñan autorizado ou clasificado no REAT o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda.

Deben tratarse de PEMES

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos,

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares)

Actuacións subvencionables:

a) Liña 1: tecnoloxías ambientais.
– Creación de contornas que prioricen a luz natural. Inclúe a remodelación das fachadas mellorando a súa orientación, substitución de paredes por cristaleiras, instalación de ventás nas cubertas, instalación de túneles solares e instalación de cortinas finas ou translúcidas, contribuíndo a unha menor utilización de fontes de enerxía para a xeración de luz artificial.

– Instalación de láminas de control solar nas fiestras para evitar a incidencia excesiva dos raios solares no interior e a perda calorífica no inverno, contribuíndo á mellora do comportamento enerxético do edificio.

– Construción de invernadoiros acaroados e de azoteas e terrazas verdes para crear un «efecto toldo», de maneira que permita resgardar o edificio da choiva e mellorar o illamento, contribuíndo a unha redución no uso dos sistemas de calefacción e climatización e a mellora ambiental.

– Instalación de sistemas de aproveitamento da auga. Inclúe a instalación de tanques soterrados modulares, que permiten recoller tanto a auga da choiva coma filtrar a auga procedente do terreo, a instalación de filtros de auga nas baixantes para aproveitar a auga da choiva, así como outros sistemas de aproveitamento de augas residuais ou que reduzan as verteduras ao ambiente.

b) Liña 2: mellora da fachada do litoral galego.
– Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.

– Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

– Remate ou renovación do acabamento exterior de cubertas que, ben por estaren rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atopárense nun deficiente estado de conservación, constitúen
un impacto paisaxístico.

– Revestimento dos muros de cerramento da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizados con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2023

Contía da axuda
– A intensidade da axuda para a liña 1, tecnoloxías ambientais, será ata un 90 % do custo total subvencionable do proxecto. O importe máximo da axuda por proxecto será de 60.000 €.

– A intensidade da axuda para a liña 2, mellora da fachada turística do litoral, será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto. O importe máximo da axuda por proxecto será de 55.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes: entre o 28/03 e o 27/04. Non obstante, as subvencións convócanse por concorrencia non competitiva (ata esgotamento dos fondos)

Máis información: DOG do 27/03/2023 e sede electrónica da xunta (procedemento TU503F)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503F&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

Pin It on Pinterest

Share This