Subvencións a proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial
O INEGA convoca estas axudas destinadas a particulares e que deben ser solicitadas a través de entidades adheridas
Serán subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo da montaxe e o conexionado e a dirección de obra.
e) IVE
Contía da axuda
1. O custo elixible máximo establécese como a suma de dous compoñentes:
Potencia pico en paneis (kWp) €/kWp (sen IVE)
P ≤ 3 kWp 1950
3 < P ≤ 6 kWp 2400-150×P
6 < P < 20 kWp 1680-30×P
P ≥ 20 kWp 1140-3×
Adicionalmente á táboa anterior, se o proxecto leva baterías de litio consideraranse uns
custos sen IVE de 750 €/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de plomo-ácido
non serán elixibles. De non incorporar o proxecto baterías, este sumando sería cero.
A intensidade da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en
conta o seu orzamento e os custos elixibles recollidos nestas bases reguladoras.Na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 2.000 €
Prazo de solicitude: ata o 21/03/2024
Toda a información no DOG do 9 de febreiro de 2024
Neste enlace poderedes ir consultando as entidades adheridas ó programa
https://appsinega.xunta.es/entidadesFotovoltaica24/consulta/